jueves, 26 de febrero de 2015

SE PAN DE MILLO VAS MERENDAR... MIRA O TRABALLO QUE HAI DETRÁS!!!

POR FIN!!! PAN DE MILLO!!!

Un proxecto máis que chegou ó seu fin, amasamos, cocemos e COMEMOS!!!

Pero... Que comemos? Pois o PAN DE MILLO!!!

Convertidos en homes das cavernas.

Este venres saímos das nosas covas para cazar. Preparamos as lanzas, pero... veu a choiva. Así que, os bisontes e mamuts do Barbanza terán que agardar...
Pasámolo moi ben no noso patio.

Chegou o Entroido e con el as ganas de comer...

Esta semana puxemos o mandil para amasar ROSQUILLAS. Así que cuns ovos, fariña, azucre, levadura, anís e moita maña, aquí tedes o resultado...

miércoles, 25 de febrero de 2015

Peneiramos a nosa fariña!!!

Xa no colexio, coa nosa fariña recén chegada do muíño, había que poñerse mans á obra...
Así como a trouxemos non podíamos empregar a fariña. Non , non, non... Tivemos que peneirala. Aquí tedes a mostra de canto traballamos.

martes, 24 de febrero de 2015

Saída ó muíño!

OLA , Este martes por fin puidemos ir a un muiño cercano ó noso colexio para moer o millo que desfollamos no primeiro trimestre. Foi impresionante ver cómo coa forza da auga xiraba a roda do muíño!

lunes, 23 de febrero de 2015

SAÍDA A VIGO.

Continuando co sabor da aventura está no mar e,... chegamos ata Vigo! 

Unha xornada espectacular! Primeiro visitamos a lonxa, chea de peixes espada, enoooormes peixes espada. Logo tiñanos unha cita no museo Anfaco onde nos descrubriron os traballos dunha conserveira. Moi interesante pero, pronto nos entrou a fame, así que volvemos para a lonxa. Alí , nunha sala de subastas perfectamente habilitada para nós, estaban agardando uns cociñeiros que  tiñan preparado o seguinte menú:

Primeiro prato: sopa de peixe e marisco.
Segundo prato: fideua de mexilóns.
Sobremesa: natillas.

DEGUSTACIÓN DE CONSERVAS.

Con tanto sabor da aventura no mar xa nos entrou a fame, así que decidimos probar distintos alimentos que proveñen do mar. Resulta que non os tivemos nin que cociñar...
Non, non,... xa que botamos man dun dos métodos de conservación dos alimentos máis antigo: as conservas. 
Probamos un pouquiño de todo: mexilóns, sardiñas, navallas, calamares, gulas, zamburiñas,...
 
Copyright 2010 .. Powered by Blogger
Blogger Templates created by DeluxeTemplates.net
Wordpress by Wpthemescreator
Blogger Showcase