jueves, 27 de noviembre de 2014

AS MAZAROCAS DE MILLO.

Aproveitamos que cerca do colexio temos leiras de millo para investigar un pouquiño. Saímos para ver os pés de millo, coa sorte de que nos atopamos co dono da leira que estaba coa recolleita. Explicounos como se recollen as mazarocas, tamén nos ensinou as distintas partes do pé de millo: a palla, o casulo , a espiga e o pelo. Por certo, contounos que, antigamente, co pelo do millo facíanse remedios. E... como non podía ser doutra maneira, puxemos todo o aprendido en práctica, chegamos ó cole e esfollamos unha boa cantidade de millo. Que faremos con tanto millo? Xa o contaremos máis adiante...

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Copyright 2010 .. Powered by Blogger
Blogger Templates created by DeluxeTemplates.net
Wordpress by Wpthemescreator
Blogger Showcase