Logo de comprobar o intelixentes que son os mouchos no conto de Sopa Verde, decidimos cociñar uns MOUCHOS SABIONDOS moi apetitosos. Foi unha experiencia moi distinta, deixamos o caderno e o lapis para poñer os mandís e cociñar! Non resultou tan doado como parecía. Primeiro tivemos que ler a receita e logo ir decidindo como botar as cantidades, xa que non empregamos os mesmos utensilios para medir o aceite e o leite que a fariña ou o azucre. Foi todo unha experiencia!
0 comentarios:
Publicar un comentario