Mostrando entradas con la etiqueta PLAN PROXECTA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PLAN PROXECTA. Mostrar todas las entradas

jueves, 26 de febrero de 2015

SE PAN DE MILLO VAS MERENDAR... MIRA O TRABALLO QUE HAI DETRÁS!!!

POR FIN!!! PAN DE MILLO!!!

Un proxecto máis que chegou ó seu fin, amasamos, cocemos e COMEMOS!!!

Pero... Que comemos? Pois o PAN DE MILLO!!!

Chegou o Entroido e con el as ganas de comer...

Esta semana puxemos o mandil para amasar ROSQUILLAS. Así que cuns ovos, fariña, azucre, levadura, anís e moita maña, aquí tedes o resultado...

miércoles, 25 de febrero de 2015

Peneiramos a nosa fariña!!!

Xa no colexio, coa nosa fariña recén chegada do muíño, había que poñerse mans á obra...
Así como a trouxemos non podíamos empregar a fariña. Non , non, non... Tivemos que peneirala. Aquí tedes a mostra de canto traballamos.

martes, 24 de febrero de 2015

Saída ó muíño!

OLA , Este martes por fin puidemos ir a un muiño cercano ó noso colexio para moer o millo que desfollamos no primeiro trimestre. Foi impresionante ver cómo coa forza da auga xiraba a roda do muíño!

lunes, 23 de febrero de 2015

SAÍDA A VIGO.

Continuando co sabor da aventura está no mar e,... chegamos ata Vigo! 

Unha xornada espectacular! Primeiro visitamos a lonxa, chea de peixes espada, enoooormes peixes espada. Logo tiñanos unha cita no museo Anfaco onde nos descrubriron os traballos dunha conserveira. Moi interesante pero, pronto nos entrou a fame, así que volvemos para a lonxa. Alí , nunha sala de subastas perfectamente habilitada para nós, estaban agardando uns cociñeiros que  tiñan preparado o seguinte menú:

Primeiro prato: sopa de peixe e marisco.
Segundo prato: fideua de mexilóns.
Sobremesa: natillas.

DEGUSTACIÓN DE CONSERVAS.

Con tanto sabor da aventura no mar xa nos entrou a fame, así que decidimos probar distintos alimentos que proveñen do mar. Resulta que non os tivemos nin que cociñar...
Non, non,... xa que botamos man dun dos métodos de conservación dos alimentos máis antigo: as conservas. 
Probamos un pouquiño de todo: mexilóns, sardiñas, navallas, calamares, gulas, zamburiñas,...

UNHA VISITA CHEA DE CURIOSIDADES: O sabor da aventura está no mar.

Que sorpresa! Á volta do Nadal xa comezamos cunha nova aventura. Chegaron ó colexio tres personaxes ( un mariñeiro e unhas cociñeiras) que nos descubriron moitas curiosidades sobre distintos alimentos que proveñen do mar. A que non sabiades que os peixes só poden nadar cara adiante? Ou que os xureliños cando son pequeniños agóchanse debaixo das medusas para esquivar ós seus depredadores? Por certo que as medusas en galego chámanse augamar.
Pouco a pouco estamos a converternos nuns expertos!


COCIÑA CON ARTE: Tarta de raios de Sol.

Continuamos coa nosa galería de Cociña con arte. Esta vez cociñamos unha tarta cuns ingredientes moi sabrosos: raios de Sol! Preparados para degustar un anaquiño??? Pois mirade que artistas!

RIQUÍSIMA ÁRBORE DE NADAL.

Como non podía ser doutro xeito, o Nadal  chegou non só ós nosos libros e cadernos, senón tamén ós nosos fogóns... 
Comezamos preparando un delicioso turrón de chocolate. Moito tivemos que traballar para mesturar ben tódolos ingredientes: galletas, améndoas, chocolate, leite condensado,...
Pero isto non foi todo xa que o turrón só nos serviu de base para elaborar a maceta da nosa árbore que rematamos decorando nada menos que con anaquiños de froita.
 Probade nas casas.Unha mezcla con moito éxito!!!

lunes, 12 de enero de 2015

A TOSTA PELOSTORTOS.

Hoxe tocou deixar un ratiño os cadernos para poñerse a cociñar... Aquí tendes o resultado. Apetece verdade???

ESTOFADO DE PUNTOS.

Unha vez máis démoslle renda solta á nosa imaxinación e cociñamos con cores. Preparamos un exquisito estofado de puntos. Coidadiño que aínda está quente!

QUE É UNHA LUFA?

Sempre nos queda algo por aprender. Que descubrimos esta vez? Pois unha lufa, que a simple vista podemos confundir cun calabacín , pero... non se vos ocurra botarlle o dente! É unha ESPONXA NATURAL. Puidemos investigalo debido ó xardín segredo dun avó. Así que aproveitamos para darlle as grazas.


viernes, 28 de noviembre de 2014

O SAMAÍN.

A semana do Samaín foi terrorífica! Tivemos moitísimas actividades... Cabaza da aula, cabazas con papel, estampado con cabaza,... Pero o peor... unha bruxa que nos convidou a escoitar un conto na biblioteca, aiiiiiii!!!

jueves, 27 de noviembre de 2014

COCIÑAMOS!!!!

Logo de comprobar o intelixentes que son os mouchos no conto de Sopa Verde, decidimos cociñar uns MOUCHOS SABIONDOS moi apetitosos. Foi unha experiencia moi distinta, deixamos o caderno e o lapis para poñer os mandís e cociñar! Non resultou tan doado como parecía. Primeiro tivemos que ler a receita e logo ir decidindo como botar as cantidades, xa que non empregamos os mesmos utensilios para medir o aceite e o leite que a fariña ou o azucre. Foi todo unha experiencia!

AS MAZAROCAS DE MILLO.

Aproveitamos que cerca do colexio temos leiras de millo para investigar un pouquiño. Saímos para ver os pés de millo, coa sorte de que nos atopamos co dono da leira que estaba coa recolleita. Explicounos como se recollen as mazarocas, tamén nos ensinou as distintas partes do pé de millo: a palla, o casulo , a espiga e o pelo. Por certo, contounos que, antigamente, co pelo do millo facíanse remedios. E... como non podía ser doutra maneira, puxemos todo o aprendido en práctica, chegamos ó cole e esfollamos unha boa cantidade de millo. Que faremos con tanto millo? Xa o contaremos máis adiante...

UNHA NOVA AVENTURA: ADENTRÁMONOS NO MUNDO DE SOPA VERDE!

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria, descubrimos un novo protagonista moi peculiar: un coello ó que só lle gustaba o verde. Verde por aquí , verde por alá... pero os seus compañeiros coa sabia axuda do moucho descubriranlle un novo mundo cheo de alimentos de moitas cores. Xenial!!!

De primeiro, unha ensalada de círculos!

Hoxe, démoslle renda solta á nosa imaxinación. Empregamos distintos ingredientes: verde, amarelo, vermello, azul, rosa,... todo esto cun prato en blanco diante, e... a crear unha ensalada de círculos. Que ben o pasamos! xa veredes as nosas creacións.
 
Copyright 2010 .. Powered by Blogger
Blogger Templates created by DeluxeTemplates.net
Wordpress by Wpthemescreator
Blogger Showcase