Que sorpresa! Á volta do Nadal xa comezamos cunha nova aventura. Chegaron ó colexio tres personaxes ( un mariñeiro e unhas cociñeiras) que nos descubriron moitas curiosidades sobre distintos alimentos que proveñen do mar. A que non sabiades que os peixes só poden nadar cara adiante? Ou que os xureliños cando son pequeniños agóchanse debaixo das medusas para esquivar ós seus depredadores? Por certo que as medusas en galego chámanse augamar.
Pouco a pouco estamos a converternos nuns expertos!
0 comentarios:
Publicar un comentario