lunes, 23 de febrero de 2015

UNHA VISITA CHEA DE CURIOSIDADES: O sabor da aventura está no mar.

Que sorpresa! Á volta do Nadal xa comezamos cunha nova aventura. Chegaron ó colexio tres personaxes ( un mariñeiro e unhas cociñeiras) que nos descubriron moitas curiosidades sobre distintos alimentos que proveñen do mar. A que non sabiades que os peixes só poden nadar cara adiante? Ou que os xureliños cando son pequeniños agóchanse debaixo das medusas para esquivar ós seus depredadores? Por certo que as medusas en galego chámanse augamar.
Pouco a pouco estamos a converternos nuns expertos!


COCIÑA CON ARTE: Tarta de raios de Sol.

Continuamos coa nosa galería de Cociña con arte. Esta vez cociñamos unha tarta cuns ingredientes moi sabrosos: raios de Sol! Preparados para degustar un anaquiño??? Pois mirade que artistas!

RIQUÍSIMA ÁRBORE DE NADAL.

Como non podía ser doutro xeito, o Nadal  chegou non só ós nosos libros e cadernos, senón tamén ós nosos fogóns... 
Comezamos preparando un delicioso turrón de chocolate. Moito tivemos que traballar para mesturar ben tódolos ingredientes: galletas, améndoas, chocolate, leite condensado,...
Pero isto non foi todo xa que o turrón só nos serviu de base para elaborar a maceta da nosa árbore que rematamos decorando nada menos que con anaquiños de froita.
 Probade nas casas.Unha mezcla con moito éxito!!!

lunes, 12 de enero de 2015

A TOSTA PELOSTORTOS.

Hoxe tocou deixar un ratiño os cadernos para poñerse a cociñar... Aquí tendes o resultado. Apetece verdade???

ESTOFADO DE PUNTOS.

Unha vez máis démoslle renda solta á nosa imaxinación e cociñamos con cores. Preparamos un exquisito estofado de puntos. Coidadiño que aínda está quente!

QUE É UNHA LUFA?

Sempre nos queda algo por aprender. Que descubrimos esta vez? Pois unha lufa, que a simple vista podemos confundir cun calabacín , pero... non se vos ocurra botarlle o dente! É unha ESPONXA NATURAL. Puidemos investigalo debido ó xardín segredo dun avó. Así que aproveitamos para darlle as grazas.


viernes, 28 de noviembre de 2014

O SAMAÍN.

A semana do Samaín foi terrorífica! Tivemos moitísimas actividades... Cabaza da aula, cabazas con papel, estampado con cabaza,... Pero o peor... unha bruxa que nos convidou a escoitar un conto na biblioteca, aiiiiiii!!!
 
Copyright 2010 .. Powered by Blogger
Blogger Templates created by DeluxeTemplates.net
Wordpress by Wpthemescreator
Blogger Showcase